Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO E USO DO SITIO WEB EROSKI SEGUROS

1. Introducción

O acceso a este WEB atópase condicionado á lectura previa e a que calquera usuario acepte os termos, as condicións, as comunicacións, as advertencias e os demais avisos legais que contén este conxunto de cláusulas. O acceso do/a usuario/a ao WEB e a súa posterior utilización comportará a súa conformidade de forma expresa, plena e sen reservas, coa totalidade do seu contido. O devandito acceso ten carácter gratuíto. Se o/a usuario/a non estiver de acordo co contido destas presentes Condicións Xerais de navegación deberá abandonar este WEB, sen poder acceder nin dispoñer dos servizos que ofrece. O/a usuario/a declara ser maior de idade e dispoñer da capacidade xurídica suficiente para vincularse con estas Condicións Xerais. Igualmente, acepta de forma expresa e sen excepcións que o acceso e a utilización deste sitio WEB, dos seus servizos e dos contidos dos anteditos servizos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade. O acceso a este WEB ten carácter gratuíto e a súa visualización non require subscrición previa nin rexistro ningún. As conexións con outros sitios WEB que puideren existir e o uso que o/a usuario/a poida facer delas está suxeito a estas Condicións Xerais de uso, así como aos eventuais condicionados específicos que os citados sitios WEB requiran. Calquera utilización distinta da autorizada está expresamente prohibida. EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA poderá modificar de modo unilateral, en calquera momento que estime oportuno a configuración deste WEB, as condicións do servizo e os seus contidos, así como eliminalos, limitalos ou suspendelos de xeito temporal ou definitivo, e tamén impedir o acceso a eles procurando informar o/a usuario/a da mudanza, sempre que as circunstancias así llo permitan, a través da súa publicación no sitio WEB.

2. Identidade do/a titular deste web

Os datos identificativos da responsable deste WEB son os seguintes: EROSKI, S. COOP. Barrio San Agustín, s/n. 48230 Elorrio Bizkaia CIF.- F-20033361 grupoeroski@eroski.es Inscrita no Rexistro Mercantil de Bizkaia no Tomo 3.630, Folla BI- 21.221, Folio 1, Inscrición 1ª. Inscrita no Rexistro Oficial de Cooperativas do Ministerio de Traballo, Libro Rexistro de Cooperativas, Sección Central, Tomo X, Folio 904, asento 14, novo número e clase 1.526-SMT, mantendo o anterior, 17.115.

3. Dereitos e obrigas do prestador dos servizos

3.1. - Como provedor do servizo, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA atópase obrigada a prestar os servizos que oferta este WEB, a garantir eficazmente o segredo das comunicacións que puideran existir co/coa usuario/a, así como a responder as reclamacións que eventualmente se puideran presentar.
3.2. - En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ten dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso a accesibilidade a este WEB, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do que procurará poñelo en coñecemento do/as usuario/as, sempre que as circunstancias así llo permitan.
3.3. - El uso que os/as usuarios/as poidan realizar dos servizos e/ou datos e/ou información que se lles subministre a través deste WEB realizarase por conta e risco do/a usuario/a. EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante, directa ou indirectamente, a información ou os servizos que se ofrecen, salvo as garantías que en virtude das leis aplicables deban ser outorgadas ou que queden explicitamente descritas nun acordo entre esta sociedade e o/a usuario/a. EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante o contido que subministren, de ser o caso, terceiras persoas, nin garante a veracidade, a fiabilidade, a precisión, a oportunidade ou a conveniencia da información subministrada para o destino que os/as usuarios/as ou calquera outra persoa fagan dela.
3.4. - Os dereitos de propiedade intelectual sobre este WEB son titularidade de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA. O exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación perténcenlle á citada compañía.

Dereitos e obrigas do/a usuario/a.

4.1. - En todo momento, o/a usuario/a debe realizar un uso lícito dos servizos deste WEB de acordo coa legalidade vixente, respectando os dereitos de propiedade intelectual de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ou terceiros. Neste sentido, o/a usuario/a garante que as actividades que desenvolva a través deste WEB adecuaranse á lei, a moral, a orde pública, os bos costumes e en ningún caso resultarán ofensivas para o bo nome e imaxe comercial de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA o calquera outras sociedades integrantes do GRUPO EROSKI, para outros/as usuarios/as do WEB ou terceiros.
4.2. - O/a usuario/a non realizará a través dos servizos que pon á súa disposición EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento do WEB, non causará problemas técnicos de ningunha índole, non transferirá elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente este WEB, así como non intervirá ou alterará o correo electrónico doutros/as usuarios/as.
4.3. - A responsabilidade do/a usuario/a sobre a veracidade dos datos introducidos, de ser o caso de que o fixese por calquera circunstancia, é exclusiva, polo que, se se facilitasen datos falsos ou inexactos, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA reservarase o dereito a prohibirlle o acceso a este WEB.

Exclusión de garantías e de responsabilidade polo funcionamento do sitio web e dos seus servizos

5.1. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento deste sitio WEB e dos seus servizos. Deste xeito, exclúese calquera responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza que se poidan derivar da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio WEB e dos seus servizos e a utilidade que os/as usuarios/as puidesen atribuírlle a este sitio WEB. En calquera caso, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA realizará os seus mellores esforzos de cara a manter a dispoñibilidade continuada deste WEB.
5.2. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA pon a disposición dos/as usuarios/as os sistemas de privacidade de datos persoais que impidan o acceso a eles por terceiras persoas. (Política de privacidade do GRUPO EROSKI) EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA implantou todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias que garanten a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos datos persoais facilitados polo/a usuario/a. Neste sentido, a devandita sociedade exímese de toda responsabilidade polos danos e perdas ocasionados en caso de producirse tal coñecemento.
5.3. - Pese a que EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA implantou todas as medidas adecuadas para garantir a seguridade nesta materia, non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos deste sitio WEB que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do/a usuario/a ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático. EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA exímese de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que poidan deberse á presenza de virus nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos, ficheiros etc.
5.4. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non ten a obrigación e non controla a utilización que os/as usuarios/as fan deste sitio WEB, dos servizos e dos seus contidos. En particular, esta sociedade non garante que os/as usuarios/as utilicen este sitio WEB, os seus servizos e os seus contidos de conformidade con estas Condicións Xerais e, de ser o caso, as Condicións Particulares que resulten de aplicación, nin que o fagan de forma dilixente e prudente. Esta sociedade tampouco ten a obriga de verificar, e non verifica, a identidade dos/as usuarios/as, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que proporcionan sobre si mesmos/as a outros/as usuarios/as.
5.5. - O/a usuario/a acepta que o WEB creouno e desenvolveuno EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA de boa fe con información procedente de fontes internas e externas, e que llo ofrece no seu estado actual aos/ás usuarios/as aínda que pode conter imprecisións ou erratas. Por iso, o/a usuario/a exonera a EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsa expectativa que o WEB puidese producirlle durante a súa navegación por el.

6. Propiedade intelectual

Todos os dereitos sobre o contido deste WEB pertencen a EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA salvo os de empresas coas que firmase o correspondente contrato para a provisión de contidos e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.

O deseño, as imaxes, os mapas, os gráficos, as marcas, rótulos, os signos distintivos ou logos de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, frames, banners, ou software e os seus distintos códigos, fonte e obxecto, etc. deste WEB son titularidade de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, que posúe lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre eles. Os logos ou signos distintivos do resto de sociedades integrantes do denominado GRUPO EROSKI e que puidesen aparecer neste WEB durante a navegación do/a usuario/a son titularidade de cada unha delas, que dispoñen lexitimamente en exclusiva dos dereitos de explotación sobre eles e consenten expresamente que sexan incorporados, de ser o caso, neste WEB.

O/a usuario/a que acceda a este WEB non pode copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder, vender os elementos anteriormente mencionados ou crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida. Unicamente queda autorizada a visualización e carga para o uso persoal e non comercial do usuario/a, sen que poida facelo extensivo a terceiras persoas ou entidades. No caso de gráficos ou deseños que aparezan neste WEB das que sexan titulares empresas colaboradoras de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA seranlle de aplicación, igualmente, estas condicións, salvo pacto en contrario.

Quédalle terminantemente prohibida ao/á usuario/a a alteración deste WEB e que poida afectar o seu contido, tales como vínculos (ou links) e similares. EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA velará para que os contidos deste WEB non teñan carácter pornográfico, xenófobo, discriminatorio, racista, difamatorio ou que non fomenten a violencia. Do mesmo xeito procurará evitar calquera circunstancia que poida ser prexudicial para os/as usuarios/as.

7. Protección de datos de carácter persoal

O/a usuario/a poderá facilitar os seus datos persoais para solicitar información e/ou contratar os produtos, servizos ofrecidos a través de EROSKI ASEGURA e farao no seu nome; se se proporcionasen datos de terceiras persoas físicas, o/a solicitante deberá informar, previamente, aos/ás afectados/as do tratamento dos seus datos. En calquera caso, EROSKI S. COOP., entidade que actúa como AUXILIAR externo de Aon Gil y Carvajal, S.A. Corredoría de seguros, Sociedade Unipersoal, tratará los datos identificativos, de características persoais e profesionais, e os datos do produto contratado facilitados nas solicitudes coa finalidade de xestionar, manter e controlar a relación co cliente, realizar estudos de mercado, elaborar perfís co fin de ofrecer vantaxes, descontos e ofertas promocionais, a través de calquera medio (electrónico ou non), a quen así o desexe e non manifeste o contrario, dos establecementos / puntos de venda de Eroski; do sector onde estea implantado; en concreto ocio; tempo de lecer; turismo; estética; perfumaría, ópticas; telecomunicacións; seguros, préstamos; inmobiliaria, medios de pagamento, fidelización e da Fundación Grupo Eroski (como entidade promotora e defensora dos dereitos dos/as consumidores/as), procurando ligar esa información á súa condición de Cliente.

Importante: En caso de que non desexe recibir información promocional o/a cliente poderá manifestalo marcando o cadro correspondente no contrato do produto final. En calquera caso, o/a cliente poderá exercitar dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación, sobre os seus datos, dirixíndose por escrito a EROSKI S. COOP con domicilio social en Barrio San Agustín, s/n, 48230- Elorrio (Bizkaia), e indicando no sobre a Ref. Datos-EroskiAsegura, ou solicitando información para facelo, a través do enderezo de correo electrónico asegura@eroski.es.
Así mesmo, en caso de contratación do seguro, o/a solicitante, titular da póliza, e de ser o caso, o/a asegurado/a adicional consentirán e autorizarán expresamente a Aon Gil y Carvajal, S.A. Corredoría de Seguros, Sociedade Unipersoal, inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, Folla M-19857, Tomo 15321, Folio 133, N.I.F. A-28109247, inscrita no Rexistro Especial de Sociedades de Corredoría de Seguros coa clave J-107. Capacidade financeira e Seguro de Responsabilidade Civil concertado segundo o previsto na Lei 26/2006, do 17 de xullo, como intermediario da póliza, a incorporar e tratar os datos de carácter persoal facilitados na solicitude e os resultantes do contrato e á compañía aseguradora, que o/a titular, en cada caso, seleccionase, a almacenar e tratar os datos de carácter persoal, co fin de formalizar a subscrición da póliza. Ambas as dúas entidades, como Responsables do ficheiro, informará debidamente o/a titular da súa política de protección de datos.

8. Vínculos ou enlaces hipertextuais

Non se poderá establecer ningún vínculo ao WEB desde calquera outra WEB sen o previo e expreso consentimento de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA. No suposto de que este sitio WEB puidese conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios WEB que non xestione EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, esta sociedade manifesta que non exerce control ningún sobre os mencionados portais ou sitios WEB, nin é responsable do seu contido. Os links que este WEB puidese conter ofreceranse, unicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos que se ofrecen desde eles. En todo caso, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA e as empresas do GRUPO EROSKI exonéranse de toda responsabilidade en relación cos servizos que prestan os devanditos terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e demandas que se pudiesen interpoñer en relación con eles.

9. Nulidade e ineficacia das cláusulas

Se calquera cláusula destas Condicións Xerais de navegación e uso deste WEB fose declarado total ou parcialmente nula ou ineficaz afectaralle unicamente á dita disposición ou á parte dela que resulte nula ou ineficaz e subsistirá en todo o demais, o resto de condicións xerais e terase tal disposición ou a parte dela que resulte afectada por no posta salvo que, por resultar esencial a estas condicións xerais, houbese de afectalas de forma integral.

10. Lei aplicable e xurisdición

Estas Condicións Xerais de uso e navegación, así como calquera relación entre o/a usuario/a e EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA rexeranse pola lexislación española. Para calquera litixio derivado da existencia ou contido destas Condicións Xerais ou das relacións entre o/a usuario/a e EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ambas as dúas partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á xurisdición e competencia exclusiva dos xulgados e tribunais de Bilbao. (Bizkaia).